Usar licenzas
Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais
(DRM) subminístranse cunha clave de activación asociada que
define os seus dereitos para utilizar o contido.
Se o seu dispositivo dispón de contido protexido mediante
OMA DRM, para facer unha copia de seguridade das claves de
activación e do contido, utilice a función de copia de
seguridade de Nokia Ovi Suite.
Se o dispositivo dispón de contido protexido mediante
WMDRM, as claves de activación e o contido perderanse se
formata a memoria do dispositivo. Tamén é posible que
perda as claves de activación e o contido se se danan os
ficheiros do dispositivo. A perda das claves de activación ou
do contido pode limitar a súa capacidade para utilizar o
mesmo contido no seu dispositivo de novo. Para obter máis
información, póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos.
É posible que algunhas claves de activación estean ligadas a
tarxetas SIM específicas, e que só poida acceder ao contido
protexido se a tarxeta SIM se atopa inserida no dispositivo.
Para ver as súas licenzas por tipo, seleccione Licenzas
válidas, Licen. non válid., ou Non en uso.
Para ver os detalles da clave, seleccione Opcións > Detalles
da licenza.
Para cada ficheiro multimedia amósase a seguinte
información:
Xestión de datos
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
81
● Estado — O estado é Licenza válida, Licenza
caducada, ou Licenza non válida aínda.
● Envío de contido — Permitido significa que vostede
pode enviar o ficheiro a outro dispositivo. Non
permitido significa que non pode enviar o ficheiro a outro
dispositivo.
● Contido do teléfono — Si significa que o ficheiro está no
dispositivo e a ruta do ficheiro aparece en pantalla. Non
significa que o ficheiro non se atopa actualmente no
dispositivo.
Para activar a clave, na vista principal de licenzas seleccione
Licen. non válid. > Opcións > Obter licenza. Estableza
unha conexión de rede cando llo soliciten; será dirixido a un
sitio web onde pode mercar dereitos sobre contido
multimedia.
Para eliminar dereitos de ficheiros, abra a ficha de claves
válidas ou a ficha de claves non usadas, desprácese ata o
ficheiro desexado e seleccione Opcións > Borrar. Se hai
varios dereitos ligados ao mesmo ficheiro multimedia, todos
serán eliminados.
A vista de clave de grupo amosa todos os ficheiros ligados a
un dereito de grupo. Se descargou varios ficheiros cos
mesmos dereitos, aparecerán todos nesta vista. Pode abrir a
vista de grupo dende a ficha de claves válidas ou a de claves
inválidas. Para acceder a estes ficheiros, abra o cartafol de
dereitos de grupo.
Xestión de datos
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
82