
Eliminación de aplicacións e software
Seleccione
>
Aplicacións > Xestor aplic..
Desprácese ata un paquete de software e seleccione
Opcións > Desinstalar. Seleccione Si para confirmar.
Se elimina software, só o pode volver instalar se posúe o
paquete de software orixinal ou unha copia de seguridade
completa do paquete de software eliminado. Se elimina un
paquete de software, é posible que non poida volver abrir
documentos creados con ese software.
Se existe outro paquete de software que depende do que
vostede eliminou, é posible que deixe de funcionar. Para
obter máis información, consulte a documentación do
paquete de software instalado.