Verbo de Contactos de Ovi
Seleccione
>
Internet > Contactos.
Con Contactos de Ovi, pode manterse conectado coas persoas
máis importantes para vostede. Buscar contactos e descubrir
amigos na comunidade Ovi. Manter o contacto cos amigos,
chat, compartir a situación e a presenza, e seguir con
facilidade o que fan os amigos e onde están. Incluso pode
conversar con amigos que utilicen Google Talk™.
Tamén pode sincronizar os seus contactos, axenda e resto de
contidos entre o seu dispositivo Nokia e Ovi.com. A
información importante almacénase e gárdase actualizada
tanto no seu dispositivo como na web. Con Contactos de Ovi,
pode dinamizar a súa lista de contactos coa seguridade de
que están almacenados en Ovi.com.
Debe ter unha conta Nokia para utilizar o servizo. Cree unha
conta no seu dispositivo móbil ou visite a páxina
www.ovi.com dende o seu ordenador.
O uso de Contactos de Ovi pode implicar a transmisión de
grandes cantidades de datos a través da rede do seu
fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor
de servizos para obter información acerca das tarifas de
transmisión de datos.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
66