
Mapas
Seleccione
>
Mapas ou prema a tecla Navigator.
Mediante Mapas, poderá ver a súa posición actual no mapa,
explorar mapas de diferentes cidades e países e procurar
enderezos e lugares de interese. Tamén pode planificar rutas
e obter instrucións de navegación para peóns e coches. Se
garda as súas localizacións e rutas favoritas na súa conta
Nokia, poderá organizalas en coleccións e sincronizar os
elementos gardados entre o dispositivo móbil e o servizo da
Internet Mapas Ovi.
Tamén é posible ver información meteorolóxica, do tráfico,
de eventos, de viaxes ou detalles doutras localizacións se se
atopan dispoñibles no seu país ou rexión.
Cando utilice Mapas por primeira vez, é posible que necesite
seleccionar un punto de acceso á Internet para a descarga de
mapas.
Se ten unha conexión de datos activa e navega polo mapa da
pantalla, descargarase automaticamente un mapa novo se se
despraza ata unha zona que non estea incluída nos mapas xa
descargados. Tamén pode utilizarse o software Nokia Map
Loader para descargar mapas. Para obter información sobre
como instalar Nokia Map Loader nun ordenador compatible,
visite a páxina www.nokia.com/maps.
Nota: A descarga de contidos como mapas, imaxes
satélite, ficheiros de voz, guías ou información de tráfico
pode implicar a transmisión de grandes cantidades de datos
(servizo de rede).
Suxestión: Para evitar as tarifas de transferencia de
datos, tamén pode empregar Mapas sen unha
conexión á Internet, e explorar os mapas que se atopan
gardados no seu dispositivo ou nunha tarxeta de
memoria, se dispón dunha. Se utiliza Mapas sen unha
conexión á Internet, algúns servizos non se atoparán
dispoñibles.
Case toda a cartografía dixital é imprecisa e está incompleta
ata certo punto. Nunca confíe só na cartografía descargada
para utilizarse neste dispositivo.
Os contidos como imaxes satélite, guías, información
meteorolóxica e do tráfico e servizos relacionados é xerado
por terceiros que son independentes de Nokia. O contido
pode ser inexacto e incompleto ata certo punto e está suxeito
á dispoñibilidade. Nunca confíe unicamente no contido e nos
servizos relacionados antes mencionados.
Para obter máis información acerca da aplicación Mapas no
seu dispositivo, visite a páxina www.nokia.com/support.