
GPS asistido (A-GPS)
O seu dispositivo tamén admite o GPS asistido (A-GPS).
A-GPS require cobertura de rede.
A-GPS (o GPS asistido) utilízase para obter datos de asistencia
técnica mediante unha conexión de paquetes de datos, que
axuda a calcular as coordenadas da súa localización actual
cando o dispositivo recibe sinais dos satélites.
Cando se activa o A-GPS, o dispositivo recibe información útil
por satélite dende un servidor de datos de asistencia a través
da rede móbil. Coa axuda dos datos de asistencia, o seu
dispositivo pode obter a localización do GPS de xeito más
rápido.
O dispositivo está configurado previamente para utilizar o
servizo A-GPS de Nokia, se non se atopan dispoñibles ningúns
axustes A-GPS dun fornecedor de servizos específico. Os datos
de asistencia recupéranse dende o servidor do servizo A-GPS
de Nokia só cando é necesario.
Para desactivar o servizo A-GPS, seleccione
>
Aplicacións > Datos GPS e Opcións > Axustes
posicionamento > Métodos posicionamento > GPS
asistido > Opcións > Desactivar.
Cómpre ter un punto de acceso á Internet definido no
dispositivo para recuperar os datos de asistencia do servizo
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
35

A-GPS de Nokia a través dunha conexión de paquetes de
datos. O punto de acceso para A-GPS pódese definir nos
axustes de posicionamento. Para este servizo non se pode
utilizar un punto de acceso LAN sen fíos (WLAN). Só se pode
utilizar un punto de acceso á Internet de paquetes de datos.
O dispositivo solicita que seleccione o punto de acceso á
Internet cando o GPS se utiliza por primeira vez.