Nokia 6710 Navigator - Perfís

background image

Perfís

Seleccione

>

Axustes > Perfís.

Pode axustar e personalizar as sinais de chamada, os tons de

aviso e outros tons do dispositivo para distintos eventos,

contornos ou grupos de persoas que chaman. O perfil activo

amósase na parte superior da pantalla de inicio. Se o perfil

activo é Xeral só amosarase a data de hoxe.

Para crear un novo perfil, seleccione Opcións > Crear

novo e defina os axustes.
Para personalizar un perfil, seleccione un e Opcións >

Personalizar.
Para cambiar un perfil, seleccione un e Opcións > Activar.

O perfil Desconectado evita que, de forma accidental, o

dispositivo se acenda, envíe ou reciba mensaxes ou use a LAN

sen fíos, a conectividade Bluetooth, o GPS ou a radio FM;

tamén pecha as conexións da Internet que poden estar

operativas ao seleccionar o perfil. O perfil Desconectado non

evita que estableza unha conexión LAN sen fíos ou Bluetooth

máis tarde, ou reiniciar o GPS ou a radio FM, polo que cumpre

cos requisitos de seguridade aplicables ao establecer ou usar

estas funcións.
Para facer que o perfil estea activo ata unha hora

determinada nas vindeiras 24 horas, desprácese ao perfil,

seleccione Opcións > Temporizado e fixe a hora. Cando se

supere a hora establecida, o perfil cambiará de novo ao perfil

sen límite de tempo activado anteriormente. Cando se

programa un perfil, amósase na pantalla de inicio. O perfil

Fóra de liña non se pode programar.
Para eliminar un perfil creado por vostede, seleccione

Opcións > Borrar perfil. Non se poden eliminar os perfís

predefinidos.

Importante: No perfil Desconectado, non é posible

efectuar nin recibir chamadas, nin utilizar outras funcións

© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.

68

background image

que requiran o uso de cobertura de rede móbil. Sen embargo,

poderá efectuar chamadas ao número de emerxencia oficial

programado no dispositivo. Para efectuar chamadas,

primeiro cómpre activar a función do teléfono mediante a

modificación dos perfís. Se se bloqueou o dispositivo, insira

o código de bloqueo.