
Perfil Desconectado
Importante: No perfil Desconectado, non é posible
efectuar nin recibir chamadas, nin utilizar outras funcións
que requiran o uso de cobertura de rede móbil. Sen embargo,
poderá efectuar chamadas ao número de emerxencia oficial
programado no dispositivo. Para efectuar chamadas,
primeiro cómpre activar a función do teléfono mediante a
modificación dos perfís. Se se bloqueou o dispositivo, insira
o código de bloqueo.
Para activar rapidamente o perfil Desconectado, prema
brevemente a tecla de acendido e seleccione Fóra de liña.
O dispositivo
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
16

Para pasar a outro perfil, prema brevemente a tecla de
acendido e seleccione un perfil.
Cando o perfil Desconectado está activo, todas as conexións
que empregan frecuencias de radio están pechadas. Non
obstante, pode utilizar o dispositivo sen a tarxeta SIM e
escoitar a radio ou música. Lembre apagar o dispositivo nas
zonas onde o uso de teléfonos sen fíos está prohibido.