
Información sobre a Descarga
Seleccione
>
Descargar.
Coa aplicación Descarga, é posible descubrir, obter unha vista
previa, mercar, descargar e actualizar contido, servizos e
aplicacións, e acceder con facilidade aos xogos, aos tons de
chamada, aos fondos de pantalla, ás aplicacións, etc. Os
elementos están categorizados en catálogos e cartafoles de
diferentes fornecedores de servizo. O contido dispoñible
varía en función do fornecedor de servizos.
A aplicación Descarga emprega os seus servizos de rede para
acceder ao contido máis actualizado. Para obter información
sobre elementos adicionais dispoñibles a través de Descarga,
póñase en contacto co seu fornecedor de servizos, provedor
ou fabricante do elemento.
Descarga recibe continuamente actualizacións e fornécelle o
contido máis actual que ofrece o seu fornecedor de servizo
para o teléfono.
É posible que algúns elementos non sexan gratuítos, mais
normalmente poderá probalos primeiro de balde. Para obter
máis información verbo das tarifas, póñase en contacto co
fornecedor de servizos ou o fornecedor do elemento.
Para actualizar manualmente o contido de Descarga,
seleccione Opcións > Refrescar lista.
O servizo Descargar! está a ser substituído gradualmente polo
servizo Ovi Store. Ovi Store tamén está a substituír a
Descargar! no menú principal do dispositivo.