Indicadores da pantalla
O dispositivo estase a utilizar nunha rede UMTS ou
GSM (servizo de rede). A barra a carón da icona indica
a forza do sinal da rede no lugar no que se atopa.
Canto máis alta sexa a barra, máis potente será o
sinal.
A tecnoloxía HSPA (servizo de rede) na rede UMTS
está activada.
O dispositivo está a empregar o perfil Desconectado
e non está conectado a unha rede celular.
O nivel de carga da batería. Canto máis alta sexa a
barra, máis carga terá a batería.
Ten mensaxes sen ler no cartafol da Caixa de entrada
en Mensaxería.
Recibiu un novo correo na caixa de correo remota.
Hai mensaxes en espera de ser enviadas no cartafol
Caixa de saída en Mensaxería.
Ten chamadas perdidas.
O teclado do dispositivo está bloqueado.
Hai unha alarma activa.
O perfil Silencio está activado e o dispositivo non soa
cando hai chamadas entrantes ou mensaxes.
A conectividade Bluetooth está activada.
Hai unha conexión Bluetooth establecida. Cando o
indicador pestanexa, significa que o dispositivo está
intentando conectarse con outro dispositivo.
O dispositivo
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
15
Hai unha conexión de paquetes de datos GPRS
dispoñible (servizo de rede). indica que a
conexión está activa. indica que a conexión está
en espera.
Hai unha conexión de paquetes de datos EGPRS
dispoñible (servizo de rede). indica que a conexión
está activa. indica que a conexión está en espera.
Hai unha conexión de paquetes de datos UMTS
dispoñible (servizo de rede). indica que a
conexión está activa. indica que a conexión está
en espera.
A tecnoloxía HSPA é compatible e está dispoñible
(servizo de rede). A icona pode variar segundo as
rexións. indica que a conexión está activa.
indica que a conexión está en espera.
Configurou o dispositivo para detectar redes LAN sen
fíos (WLAN), e hai unha WLAN dispoñible.
Hai unha conexión WLAN activa nunha rede non
cifrada.
Hai unha conexión WLAN activa nunha rede cifrada.
O seu dispositivo está conectado a un ordenador
mediante un cable USB.
Todas as chamadas son desviadas a outro número.
Hai uns auriculares conectados ao dispositivo.
Hai un kit de mans libres para coche conectado ao
dispositivo.
Hai un loopset conectado ao dispositivo.
O dispositivo está sincronizándose.
O indicador GPS mostra a dispoñibilidade dos sinais
de satélite. Cada barra representa un satélite. Cando
o dispositivo recibe datos dabondo dende os
satélites para calcular a súa posición, a barra vólvese
verde.
É posible que tamén aparezan outros indicadores.