Reprodución de videoclips
Seleccione
>
Aplicacións > RealPlayer.
Para reproducir un videoclip, seleccione Videoclips e o clip
que desexe.
Para obter unha lista dos ficheiros reproducidos
recentemente, na vista principal da aplicación, seleccione
Máis recentes.
Na lista de videoclips, desprácese ata un clip, seleccione
Opcións e unha das opcións seguintes:
● Usar vídeo — Permite asignar un vídeo a un contacto ou
axustalo como un ton de chamada.
● Marcar/Desmarcar — Permite marcar elementos na lista
para enviar ou eliminar varios elementos ao mesmo
tempo.
● Ver detalles — Permite ver detalles do elemento
seleccionado, como o formato, a resolución e a duración.
● Axustes — Permite editar os axustes da reprodución e
transmisión por secuencias de vídeo.