
Mensaxería (servizo de rede).
Para crear unha mensaxe nova, seleccione Nova mensaxe.
Suxestión: Para evitar ter que volver escribir
mensaxes que envía con frecuencia, utilice os textos
do cartafol Modelos en As miñas carp. Tamén pode
crear e gardar os seus propios modelos.
A mensaxería contén os seguintes cartafoles:
●
Caixa entrada — As mensaxes recibidas, excepto as
mensaxes de correo electrónico e de información de cela,
almacénanse aquí.
●
As miñas carp. — Organice as súas mensaxes en
cartafoles.
●
Nova caixa corr. — Conéctese coa súa caixa de correo
remota para recuperar mensaxes de correo electrónico
novas ou ver mensaxes de correo electrónico recuperadas
previamente fóra de liña.
●
Borrador — Os borradores das mensaxes que non se
enviaron almacénanse aquí.
●
Enviadas — As últimas mensaxes que se enviaron,
excepto as mensaxes enviadas mediante a conectividade
Bluetooth, almacénanse aquí. Pode cambiar o número de
mensaxes que desexa que se garden neste cartafol.
●
Caixa de saída — As mensaxes que están agardando
a ser enviadas almacénanse temporalmente na caixa de
saída, por exemplo, cando o dispositivo se atopa fóra da
cobertura da rede.
●
Informes — Pode solicitar que a rede lle envíe un
informe de entrega das mensaxes de texto e mensaxes
multimedia que enviou (servizo de rede).