
Lector de mensaxes
Co Lector de mensaxes pode escoitar mensaxes de texto,
multimedia e de audio e mais o correo electrónico.
Para escoitar mensaxes ou correo novos, na pantalla de inicio
prema e manteña pulsada a tecla esquerda de selección ata
que se inicie o Lector de mensaxes.
Para escoitar unha mensaxe da Caixa de entrada ou o correo
da Caixa do correo, desprácese ata a mensaxe e seleccione
Opcións > Escoitar. Para finalizar a lectura, prema a tecla
Rematar.
Para facer unha pausa e continuar a lectura, prema a tecla de
desprazamento. Para pasar á seguinte mensaxe, desprácese
á dereita. Para volver reproducir a mensaxe ou o correo
electrónico actuais, desprácese á esquerda. Para saltar á
mensaxe anterior, desprácese á esquerda no principio da
mensaxe.
Para ver a mensaxe ou o correo electrónico actuais en
formato de texto sen o son, seleccione Opcións > Ver.