Nokia 6710 Navigator - Enviar mensaxes de correo

background image

Enviar mensaxes de correo

Seleccione

>

Mensaxería.

1. Seleccione a súa caixa de correo e Opcións > Nova

mensaxe.

2. No campo Para:, introduza o enderezo de correo do

destinatario. Se o enderezo se atopa en Contactos,

comece a escribir o nome do destinatario e seleccione o

destinatario entre as coincidencias propostas. Se engade

varios destinatarios, insira ; para separar os enderezos de

correo. Empregue o campo CC para enviar unha copia a

outros destinatarios, ou o campo CCO para enviar unha

copia oculta aos destinatarios. Se o campo CCO non está

visible, seleccione Opcións > Máis > Amosar o campo

CCO.

3. No campo Asunto, insira o asunto do correo electrónico.
4. Introduza a mensaxe no espazo para o texto.
5. Seleccione Opcións e escolla entre as seguintes:

Engadir anexo — Engada un anexo á mensaxe.

Prioridade — Estableza a prioridade da mensaxe.

Bandeira — Coloque unha bandeira na mensaxe para

o seu seguimento.

Inserir modelo — Insera texto dende un modelo.

Engadir destinatario — Engada destinatarios de

Contactos.

Opcións de edición — Corte, copie ou pegue o texto

seleccionado.

Opcións de entrada — Active ou desactive a entrada

de texto preditivo, ou seleccione o idioma de escritura.

6. Seleccione Opcións > Enviar.