
Axustes de mensaxes multimedia
Seleccione
>
Mensaxería e Opcións > Axustes >
Mensaxe multimedia.
Seleccione unha das opcións seguintes:
● Tamaño da imaxe — Permite definir o tamaño das
imaxes das mensaxes multimedia.
● Modo creación MMS — Se selecciona Guiado, o
dispositivo informaralle de que se intenta enviar unha
mensaxe, pode que non sexa admitida polo destinatario.
Se selecciona Restrinxido, o dispositivo impediralle que
envíe mensaxes que pode que non sexan admitidas polo
destinatario. Para incluír contido nas mensaxes sen
notificacións, seleccione Libre.
● Punto de acceso en uso — Seleccione que punto de
acceso se usa como conexión preferida.
● Recuperación multimedia — Seleccione como desexa
recibir mensaxes, se está dispoñible. Para recibir
mensaxes automaticamente na súa rede propia,
seleccione Auto. rede propia. Cando se atope fóra da súa
rede propia, recibirá unha notificación de que hai unha
mensaxe para recuperar no centro de mensaxes
multimedia. Se selecciona Sempre automática, o
dispositivo establecerá automaticamente unha conexión
de paquetes de datos activa para recuperar a mensaxe
tanto dentro como fóra da súa rede propia. Seleccione
Manual para recuperar mensaxes multimedia do centro
de mensaxes manualmente ou Desactivada para evitar
recibir ningunha mensaxe multimedia. Poida que a
recuperación automática non se admita en todas as
rexións.
● Permitir mens. anónimas — Rexeita mensaxes de
remitentes anónimos.
● Recibir publicidade — Recibe anuncios por mensaxes
multimedia (servizo de rede).
● Informes recepción — Mostra o estado das mensaxes
enivadas no rexistro (servizo de rede).
● Denegar envío informes — Evita que o dispositivo envíe
informes de entrega de mensaxes recibidas.
Mensaxería
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
47

● Validez das mensaxes — Permite seleccionar durante
canto tempo desexa que o centro de mensaxes reenvíe a
súa mensaxe se non o consegue a primeira vez (servizo de
rede). Se a mensaxe non se pode enviar dentro deste
período de tempo, eliminarase do centro de mensaxes.
O dispositivo require cobertura de rede para indicar que unha
mensaxe enviada foi recibida ou lida. Dependendo da rede e
outras circunstancias, esta información non é fiable sempre.