Localizacións da antena
É posible que o dispositivo dispoña de antenas internas e
externas. Evite tocar a zona da antena se non é necesario
mentres a antena está a transmitir ou recibir. O contacto coa
antena afecta á calidade da comunicación, pode causar que
o dispositivo necesite un nivel superior de potencia para
funcionar e pode reducir a duración da batería.
Durante o funcionamento continuado como
unha videochamada activa e unha conexión
de datos de alta velocidade, é posible que o
dispositivo aumente de temperatura. Na
maioría de casos, trátase de algo normal. Se
sospeita que o dispositivo non funciona
correctamente, envíeo ó centro de servizo
técnico autorizado máis próximo.