Inserción dunha tarxeta de memoria
Utilice unha tarxeta de memoria para aforrar memoria no
dispositivo. Tamén é posible facer copias de seguridade da
información do teléfono e gardalas na tarxeta de memoria.
Utilice unicamente o tarxetas microSD compatible autorizado
por Nokia para utilizar co dispositivo. Nokia utiliza
estándares da industria autorizados para as tarxetas de
memoria, pero pode que algunhas marcas non sexan
totalmente compatibles con este dispositivo. As tarxetas non
compatibles poden producir danos na tarxeta e no
dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
Manteña todas as tarxetas de memoria fóra do
alcance dos nenos.
Comprobe a compatibilidade dunha tarxeta de
memoria co fabricante ou o fornecedor da mesma.
É posible que co teléfono veña incluída unha tarxeta de
memoria e que xa estea inserida no teléfono. En caso
contrario, siga os pasos que se describen a continuación:
1. Abra a tapa da rañura para a tarxeta de memoria (1).
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
9
2. Coloque a
tarxeta na
rañura coa
superficie de
contacto
mirando cara
abaixo (2).
3. Empuxe
suavemente a
tarxeta para
encaixala no
sitio. Peche a
tapa da rañura (3).