
Extracción dunha tarxeta de memoria
Importante: Non retire a tarxeta de memoria durante
unha operación na que se estea accedendo á mesma, xa que
podería producir danos na tarxeta de memoria e no
dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
1. Prema brevemente a tecla de acendido e seleccione
Retirar tarxeta memoria > Si.
2. Abra a tapa da rañura para a tarxeta de memoria.
3. Prema suavemente a tarxeta de memoria para liberala.
4. Tire da tarxeta de memoria ata sacala e prema Aceptar.
5. Peche a tapa da rañura.