
Acendido e apagado do dispositivo
Manteña premida a tecla de
acendido para acender e apagar o
dispositivo. Unha presión breve
sobre esta tecla remata unha
chamada activa ou pecha unha
aplicación.
Cando o dispositivo lle solicite o
código PIN, introdúzao e seleccione
Aceptar.
Cando o dispositivo lle solicite o
código de bloqueo, introdúzao e
seleccione Aceptar. O código de
bloqueo que vén de fábrica é 12345.
Para editar o fuso horario, a hora e
a data, seleccione o país no que se
atopa e despois introduza a hora e
data locais.