
Navegación polas páxinas
O Minimapa e a vista xeral da páxina axúdanlle a navegar
polas páxinas web que conteñen unha gran cantidade de
información.
Para activar o Minimapa, seleccione Opcións > Axustes >
Xeral > Minimapa > Activado. Ao se desprazar por unha
páxina web grande, ábrese o Minimapa e amósase unha vista
xeral da páxina.
Para moverse dentro do Minimapa, desprácese á esquerda, á
dereita, arriba ou abaixo. Cando atope a posición desexada,
deteña o desprazamento. O Minimapa desaparece e vostede
queda na situación seleccionada.
Durante a navegación por unha páxina web que contén unha
gran cantidade de información, tamén pode utilizar a opción
Vista xeral de páxina para ver o tipo de información que
contén a páxina.
Prema 8 para ver unha vista xeral da páxina web actual. Para
desprazarse pola vista xeral, empregue a tecla de
desprazamento. Para ampliar unha sección, desprácese ata
esta e seleccione Aceptar.