
Navegación pola web
Seleccione
>
Internet > Web.
Atallo: Para iniciar o navegador, manteña premida a
tecla 0 na pantalla de inicio.
Para navegar pola páxina web, na vista de favoritos,
seleccione un favorito ou introduza os primeiros caracteres
do enderezo web (o campo ábrese automaticamente) e
seleccione Ir a.
Algunhas páxinas web poden conter materiais, como gráficos
e sons, que requiren dispoñer dunha gran cantidade de
memoria para poder ser visualizadas. Se se esgota a memoria
do teléfono mentres carga unha páxina web deste tipo, non
se amosarán os gráficos da páxina.
Para navegar polas páxinas web sen que se amosen os
gráficos para aforrar memoria e aumentar a velocidade da
descarga, seleccione Opcións > Axustes > Páxina >
Cargar contido > Só texto.
Para introducir un enderezo web, seleccione Opcións > Ir
a > Nova páxina web.
Para actualizar o contido da páxina web, seleccione
Opcións > Opcións de páxina web > Recargar.
Para gardar o enderezo web da páxina actual como favorito,
seleccione Opcións > Opcións de páxina web > Gardar
como favorito.
Para ver instantáneas das páxinas web que visitou durante a
sesión de navegación actual, seleccione Atrás (dispoñible se
Lista de historial está activada nos axustes do navegador e
a páxina web actual non é a primeira páxina web que visita).
Para permitir ou impedir a apertura automática de varias
fiestras, seleccione Opcións > Opcións de páxina web >
Bloq. fiestras emerx. ou Permit. fiestras emer..
Para ver a lista de teclas de accesos directos, seleccione
Opcións > Atallos teclado. Para editar as teclas de acceso
directo, seleccione Editar.
Suxestión: Para minimizar o navegador sen saír da
aplicación nin da conexión, prema unha vez a tecla
Rematar.