Barra de ferramentas do navegador
A barra de ferramentas do navegador permite seleccionar as
funcións do navegador utilizadas frecuentemente.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
58
1. Para abrir a barra de ferramentas, manteña premida a
tecla de desprazamento nun espazo baleiro dunha páxina
web.
2. Para moverse pola barra de ferramentas, desprácese á
esquerda ou á dereita.
3. Para seleccionar unha función, prema a tecla de
desprazamento.
Na barra de ferramentas, seleccione unha das seguintes
opcións:
● Ir ao enderezo web — Permite inserir un enderezo web.
● Últimas webs visitadas — Permite ver unha lista dos
enderezos web que visita frecuentemente.
● Favoritos — Permite abrir a vista de favoritos.
● Pantalla completa — Permite ver a páxina web en
pantalla completa.
● Vista xeral de páxina — Permite obter unha vista xeral
da páxina web actual.
● Buscar por palabra clave — Permite buscar na páxina
web actual.
● Axustes — Permite modificar os axustes do navegador
web.