Nokia 6710 Navigator - Axustes de web

background image

Axustes de web

Seleccione

>

Internet > Web e Opcións > Axustes e

unha das opcións seguintes:

Axustes xerais

Punto de acceso — Cambiar o punto de acceso

predeterminado. Pode que o fornecedor de servizos

predeterminara algúns ou todos os puntos de acceso do

dispositivo. É posible que non os poida cambiar, crear,

editar nin borrar.

Páxina de inicio — Definir a páxina de inicio.

Minimapa — Acender ou apagar Minimapa. Minimapa

serve de axuda para navegar polas páxinas web.

Lista de historial — Se selecciona Activada durante a

navegación, seleccione Atrás para ver unha lista das

páxinas visitadas durante a sesión actual.

Advertencias seguridade — Permite ocultar ou amosar

notificacións de seguridade.

Script Java/ECMA — Permite activar ou desactivar o uso

de secuencias de comandos.

Erros de script Java/ECMA — Seleccionar se se deben

recibir notificacións de scripts.

Abrir durante a descarga — Seleccionar se un ficheiro

se debe abrir cando se está a descargar.

Axustes de páxina

Cargar contido — Seleccionar se as imaxes e outros

obxectos se deben cargar durante a navegación. Se

selecciona Só texto, seleccione Opcións > Opcións

visualización > Cargar imaxes para cargar máis tarde

imaxes ou obxectos durante a navegación.

Codificación predeterm. — Se os caracteres de texto non

se visualizan correctamente, pode seleccionar outra

codificación consonte o idioma da páxina actual.

Bloquear fiestras emerx. — Permite admitir ou

bloquear a abertura automática de diferentes fiestras

emerxentes mentres durante a navegación.

Recarga automática — Seleccionar se as páxinas web se

deben actualizar automaticamente durante a navegación.

Tamaño de fonte — Permite definir o tamaño de fonte

que desexa que se utilice nas páxinas web.

Axustes de privacidade

Últimas webs visitadas — Permite activar ou desactivar

a compilación de favoritos automática. Se desexa

continuar gardando os enderezos das páxinas web

visitadas no cartafol Últimas webs visitadas, pero

desexa ocultar o cartafol da vista dos favoritos, seleccione

Ocultar carpeta.

Gardar datos formulario — Seleccionar se os datos do

contrasinal ou os datos introducidos por vostede nunha

páxina web se deben gardar e utilizar a próxima vez que

abra a páxina.

Internet

© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.

61

background image

Cookies — Permite activar ou desactivar a recepción e o

envío de cookies.

Axustes de infos web

Punto acceso act. auto. — Seleccionar o punto de acceso

requirido para a súa actualización. Esta opción só está

dispoñible se Actualizacións auto. está activada.

Actualizar en itinerancia — Seleccionar se os feeds web

se deben actualizar automaticamente durante o roaming.