
Axustes de web
Seleccione
>
Internet > Web e Opcións > Axustes e
unha das opcións seguintes:
Axustes xerais
● Punto de acceso — Cambiar o punto de acceso
predeterminado. Pode que o fornecedor de servizos
predeterminara algúns ou todos os puntos de acceso do
dispositivo. É posible que non os poida cambiar, crear,
editar nin borrar.
● Páxina de inicio — Definir a páxina de inicio.
● Minimapa — Acender ou apagar Minimapa. Minimapa
serve de axuda para navegar polas páxinas web.
● Lista de historial — Se selecciona Activada durante a
navegación, seleccione Atrás para ver unha lista das
páxinas visitadas durante a sesión actual.
● Advertencias seguridade — Permite ocultar ou amosar
notificacións de seguridade.
● Script Java/ECMA — Permite activar ou desactivar o uso
de secuencias de comandos.
● Erros de script Java/ECMA — Seleccionar se se deben
recibir notificacións de scripts.
● Abrir durante a descarga — Seleccionar se un ficheiro
se debe abrir cando se está a descargar.
Axustes de páxina
● Cargar contido — Seleccionar se as imaxes e outros
obxectos se deben cargar durante a navegación. Se
selecciona Só texto, seleccione Opcións > Opcións
visualización > Cargar imaxes para cargar máis tarde
imaxes ou obxectos durante a navegación.
● Codificación predeterm. — Se os caracteres de texto non
se visualizan correctamente, pode seleccionar outra
codificación consonte o idioma da páxina actual.
● Bloquear fiestras emerx. — Permite admitir ou
bloquear a abertura automática de diferentes fiestras
emerxentes mentres durante a navegación.
● Recarga automática — Seleccionar se as páxinas web se
deben actualizar automaticamente durante a navegación.
● Tamaño de fonte — Permite definir o tamaño de fonte
que desexa que se utilice nas páxinas web.
Axustes de privacidade
● Últimas webs visitadas — Permite activar ou desactivar
a compilación de favoritos automática. Se desexa
continuar gardando os enderezos das páxinas web
visitadas no cartafol Últimas webs visitadas, pero
desexa ocultar o cartafol da vista dos favoritos, seleccione
Ocultar carpeta.
● Gardar datos formulario — Seleccionar se os datos do
contrasinal ou os datos introducidos por vostede nunha
páxina web se deben gardar e utilizar a próxima vez que
abra a páxina.
Internet
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
61

● Cookies — Permite activar ou desactivar a recepción e o
envío de cookies.
Axustes de infos web
● Punto acceso act. auto. — Seleccionar o punto de acceso
requirido para a súa actualización. Esta opción só está
dispoñible se Actualizacións auto. está activada.
● Actualizar en itinerancia — Seleccionar se os feeds web
se deben actualizar automaticamente durante o roaming.