
Navegador web
Mediante a aplicación do navegador web, é posible visualizar
páxinas Web en linguaxe de marcaxe en hipertexto (HTML)
na Internet tal coma foron deseñadas orixinalmente. Tamén
é posible navegar por páxinas web deseñadas
especificamente para dispositivos móbiles e que empregan
a linguaxe XHTML ou WML.
Para navegar pola web, cómpre dispoñer dun punto de
acceso á Internet configurado no dispositivo.