Nokia 6710 Navigator - Ver e descargar videoclips

background image

Ver e descargar videoclips

Conectarse aos servizos de vídeo

1. Seleccione

>

Internet > Centro víd..

2. Para conectarse a un servizo para instalar servizos de

vídeo, seleccione Engadir novos servizos e o servizo de

vídeo desexado no catálogo de servizos.

Ver un videoclip

Para buscar o contido de servizos de vídeo instalados,

seleccione Fontes de vídeo.
O contido dalgúns servizos de vídeo está dividido en

categorías. Para examinar videoclips, seleccione unha

categoría.
Para buscar un videoclip no servizo, seleccione Busca de

vídeos. É posible que a busca non estea dispoñible en tódolos

servizos.
Algúns clips de vídeo pódense transmitir por secuencias

mediante unha conexión polo aire, pero outros cómpre

descargalos primeiro ao dispositivo. Para descargar un

videoclip, seleccione Opcións > Descargar. As descargas

continúan en segundo plano se sae da aplicación. Os

videoclips descargados gárdanse en Os meus vídeos.
Para transmitir por secuencias un videoclip ou para ver un

descargado, seleccione Opcións > Reproducir. Para axustar

o volume, use a tecla de volume.

Aviso: A exposición continua a niveis elevados de

volume pode danar a súa capacidade auditiva. Escoite música

a un volume moderado e non suxeite o dispositivo preto do

seu oído co altofalante activado.
Seleccione Opcións e escolla entre as seguintes:

Internet

© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.

63

background image

Proseguir descarga — Continuar unha descarga en

pausa ou con erros.

Cancelar descarga — Cancelar unha descarga.

Vista previa — Ver unha vista previa dun videoclip. Esta

opción está dispoñible se a admite o servizo.

Detalles da fonte — Ver información sobre un videoclip.

Actualizar lista — Actualice a lista de videoclips.

Abrir enlace no explor. — Abrir un enlace no navegador

web.

Programar descargas

A configuración da aplicación para descargar videoclips

automaticamente pode implicar a transmisión de grandes

cantidades de datos a través da rede do seu fornecedor de

servizos. Para obter información verbo das tarifas de

transmisión de datos, póñase en contacto co seu fornecedor

de servizos. Para programar unha descarga automática de

videoclips nun servizo, seleccione Opcións > Programar

descargas. O Video centre descarga automaticamente

videoclips novos diariamente á hora que estableza.
Para cancelar descargas programadas, seleccione Descarga

manual como o método de descarga.