
Centro de vídeo de Nokia
Co Centro de vídeo de Nokia (servizo de rede), pode descargar
e transmitir por secuencias videoclips mediante unha
conexión polo aire desde servizos de vídeo da Internet
compatibles utilizando un paquete de datos ou a conexión
LAN sen fíos (WLAN). Pode transferir videoclips desde un
ordenador compatible ao teléfono e visualizalos no Centro de
vídeo.
A utilización de puntos de acceso aos paquetes de datos para
descargar vídeos pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos a través da rede do seu fornecedor de
servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos
para obter información acerca das tarifas de transmisión de
datos.
É posible que o teléfono dispoña de servizos predefinidos.
É posible que os fornecedores de servizos proporcionen
contido de xeito gratuíto ou que cobren unha tarifa. Consulte
o prezo no servizo ou ao fornecedor de servizos.