
Memoria libre
Para ver canta memoria está dispoñible para os diferentes
tipos de datos, seleccione
>
Organizador > Xestor
fichs..
Moitas funcións do dispositivo usan memoria para almacenar
datos. O dispositivo notifícalle se a memoria dispoñible se
está a esgotar.
Para liberar memoria, transfira os datos a unha memoria
alternativa (si está dispoñible) ou a un ordenador
compatible.
Para eliminar datos que xa non necesita, use o Xestor de
ficheiros ou a aplicación correspondente. Pode eliminar o
seguinte:
● Mensaxes das carpetas de Mensaxería e mensaxes de
correo electrónico recuperados da caixa do correo
● Páxinas web gardadas
● Información de contacto
● Notas da axenda
● Aplicacións amosadas no Xestor de aplicacións que non
necesita
● Ficheiros de instalación (con extensións .sis ou .sisx) de
aplicacións instaladas. Faga unha copia de seguridade dos
ficheiros de instalación a un ordenador compatible.
● Imaxes e videoclips de Fotos.