
Aumento da duración da batería
Neste dispositivo existen moitas funcións que aumentan o
consumo de enerxía e reducen a duración da batería. Para
aforrar enerxía da batería, teña en conta o seguinte:
● O consumo de batería aumenta coas funcións que utilizan
a conectividade Bluetooth, ou cando permite que estas
funcións se executen en segundo plano mentres utiliza
outras. Desactive a conectividade Bluetooth cando non a
necesite.
● O consumo de batería aumenta coas funcións que utilizan
a rede LAN sen fíos (WLAN), ou cando permite que estas
funcións se executen en segundo plano mentres utiliza
outras. A WLAN do teléfono Nokia apágase cando non
tenta conectar, cando non está conectada cun punto de
acceso ou cando non está buscando redes dispoñibles.
Para reducir máis o consumo da batería, pode especificar
que o dispositivo non busque redes dispoñibles en
segundo plano ou que o faga con menor frecuencia.
● Se seleccionou Paquetes datos > Se está dispoñible
nos axustes de conexión e non existe cobertura de
paquete de datos (GPRS), o dispositivo tenta establecer
periodicamente unha conexión de paquete de datos. Para
aumentar a duración do funcionamento do teléfono,
seleccione Paquetes datos > Se cómpre.
Información útil
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
22

● A aplicación Mapas descarga nova información do mapa
cando vostede se despraza ata novas zonas deste, o que
aumenta o consumo de enerxía da batería. É posible evitar
a descarga automática de novos mapas.
● Se a potencia do sinal da rede móbil varía
considerablemente na súa zona, o dispositivo buscará a
rede dispoñible repetidamente. Isto aumenta o consumo
da enerxía da batería.
Seleccione
>
Axustes > Axustes e Teléfono >
Rede.
Se se axusta o modo de rede en modo dual nos axustes de
rede, o dispositivo buscará a rede UMTS. Para que o
teléfono só utilice a rede GSM, seleccione
>
Axustes > Axustes e Teléfono > Rede > Modo de
rede > GSM.
● A luz de fondo da pantalla aumenta o consumo da enerxía
da batería. Nos axustes de pantalla, pode cambiar o tempo
de espera tralo cal se apaga a luz de fondo e pode tamén
axustar o sensor de luz que observa as condicións de
iluminación. Seleccione
>
Axustes > Axustes e
Xeral > Personalización > Pantalla.
● Deixar que as aplicacións se executen en segundo plano
aumenta o consumo de enerxía da batería. Para acceder
ás aplicacións que non utiliza, manteña premida a tecla de
menú e, a continuación, seleccione unha aplicación.
Información útil
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
23