Nokia 6710 Navigator - Compartir vídeos en directo ou videoclips

background image

Compartir vídeos en directo ou videoclips

Durante unha chamada de voz activa, seleccione Opcións >

Compartir vídeo.
1. Para compartir vídeos en directo durante a chamada,

seleccione Vídeo en directo.
Para compartir un videoclip, seleccione Videoclip e o clip

que desexe compartir.
É posible que teña que converter o videoclip nun formato

axeitado para poder compartilo. Se o seu dispositivo lle

indica que cómpre converter o videoclip, seleccione

Aceptar. O dispositivo debe dispoñer dun editor de vídeo

para que a conversión funcione.

2. Se o destinatario dispón de varios enderezos SIP ou

números de teléfono, incluído o código de país gardado

Funcións de chamada

© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.

30

background image

na lista de contactos, seleccione o enderezo ou número

desexado. Se o enderezo SIP ou o número de teléfono do

destinatario non está dispoñible, insira o enderezo ou o

número do destinatario, incluído o código do país, e

seleccione Aceptar para enviar a invitación. O seu

dispositivo enviará a invitación ao enderezo SIP.
A función de compartir vídeo iníciase automaticamente

cando o receptor acepta a invitación.

Opcións dispoñibles na función de compartir

vídeos

Utilizar o zoom no vídeo (só dispoñible para o emisor).
Axuste o brillo (só dispoñible para o emisor).
ou Poñer en silencio ou activar o micrófono.

ou Activar ou desactivar o altofalante.

ou Poñer en pausa e seguir compartindo vídeo.

Cambie ao modo de pantalla completa (só dispoñible

para o receptor).

3. Para finalizar a sesión da función de compartir, seleccione

Deter. Para finalizar a chamada de voz, prema a tecla fin.

Cando finalice unha chamada, a función de compartir

vídeo tamén finalizará.

Para gardar o vídeo en directo que compartiu, seleccione Si

cando se lle solicite. O dispositivo infórmalle da situación do

vídeo gardado.
Se inicia outras aplicacións mentres comparte un videoclip, a

función de compartir detense. Para volver á vista da función

de compartir vídeo e continuar compartindo, seleccione na

pantalla de inicio Opcións > Continuar.