
Responder a unha chamada
Para responder unha chamada, prema a tecla Chamar ou abra
o teléfono.
Para axustar que o dispositivo responda a unha chamada
cando abra a tapa esvaradía, seleccione
>
Axustes >
Axustes e Xeral > Manexo da tapa.
Para rexeitar unha chamada, prema a tecla Fin.
Para silenciar o ton de chamada en vez de responder á
chamada, seleccione Silenciar.
Se está a falar por teléfono e a función de chamada en espera
(servizo de rede) está activada, prema a tecla de chamada
para responder á nova chamada entrante. A primeira
chamada é posta en espera. Para finalizar a chamada activa,
prema a tecla fin.