Marcado por voz
O dispositivo admite comandos avanzados de voz. Os
comandos avanzados de voz non dependen da voz do falante,
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
24
así que non precisará gravar etiquetas de voz de antemán. O
dispositivo crea unha etiqueta de voz para as entradas dos
contactos e compara a etiqueta de voz falada con esta. O
recoñecemento de voz no dispositivo adáptase á voz do
usuario principal para recoñecer os comandos de voz mellor.
A etiqueta de voz dun contacto é o nome que se garda para
o contacto. Para escoitar a etiqueta de voz sintetizada,
seleccione un contacto e Opcións > Detalles da
gravación. Desprácese ata os detalles do contacto e
seleccione Opcións > Reproducir gravación.
Faga unha chamada cunha etiqueta de voz
Nota: A utilización de etiquetas de voz pode resultar
difícil en contornos con ruído ou durante unha emerxencia,
polo tanto, non debe confiar unicamente na marcaxe por voz
en todas as circunstancias.
Cando usa o marcado por voz, utilízase o altofalante. Manteña
o dispositivo a pouca distancia cando diga a etiqueta de voz.
1. Para iniciar o marcado por voz, na pantalla de inicio,
manteña premida a tecla de selección dereita. Se se
conectan uns auriculares compatibles con tecla de
auriculares, manteña premida esta tecla para iniciar o
marcado por voz.
2. Reproducirase un ton curto e amosarase Fale agora .
Pronuncie claramente o nome que desexa gardar para ese
contacto.
3. O dispositivo reproduce unha etiqueta de voz sintetizada
para o contacto recoñecido e amosa o nome e o número.
Se non desexa chamar a ese contacto, seleccione outro
contacto na lista de coincidencias antes de que
transcorran 2,5 segundos ou, para cancelar, seleccione
Abandonar.
Se se gardan varios números para un nome, o dispositivo
seleccionará o número predeterminado, se se definiu algún.
De non ser así, o dispositivo seleccionará o primeiro número
dispoñible nunha tarxeta de contactos. Tamén pode
pronunciar o nome e o tipo de número de teléfono, por
exemplo, móbil ou fixo.