Facer unha chamada
Para facer unha chamada, introduza o número de teléfono
incluíndo o prefixo e prema a tecla chamar.
Suxestión: Nas chamadas internacionais, engada o
signo + que substitúe ao código internacional, insira o
código do país, o código de área (omita o primeiro cero
se fora necesario) e o número de teléfono.
Para finalizar a chamada ou cancelar o intento de chamada,
prema a tecla Fin.
Para facer unha chamada empregando os contactos
gardados, abra os contactos. Introduza as primeiras letras do
nome, desprácese ata el e prema a tecla chamar.
Para facer unha chamada empregando o rexistro, prema a
tecla chamar para ver os 20 últimos números aos que chamou
ou tentou chamar. Desprácese ata o número ou nome
desexado e prema a tecla chamar.
Para axustar o volume durante unha chamada, use as teclas
de volume.
Para pasar dunha chamada de voz a unha videochamada,
seleccione Opcións > Cambiar a videochamada. O
dispositivo remata a chamada de voz e fai unha
videochamada ao destinatario.