Restrición de chamadas
Seleccione
>
Axustes > Axustes e Teléfono >
Restricións.
É posible restrinxir as chamadas que se poden facer ou recibir
co dispositivo (servizo de rede). Para cambiar os axustes,
necesita obter o contrasinal de restrición do seu fornecedor
de servizos. A restrición de chamadas afecta a todos os tipos
de chamadas.
Para restrinxir chamadas, seleccione entre as seguintes
opcións:
● Chamadas saíntes — Impedir facer chamadas de voz co
dispositivo.
● Chamadas entrantes — Impedir as chamadas entrantes.
● Chamadas internacionais — Impedir as chamadas a
rexións ou países estranxeiros.
● Chamadas entrantes en itinerancia — Impedir as
chamadas entrantes cando se atope no estranxeiro.
● Chamadas internacionais, agás ao país propio
— Impedir as chamadas ao estranxeiro, pero permitir as
chamadas dentro do seu país.
Para comprobar o estado das restricións de chamadas de voz,
seleccione a opción de restrición e Opcións > Comprobar
estado.
Para desactivar todas as restricións de chamadas de voz,
seleccione unha opción de restrición e Opcións >
Desactivar todas restric..
Para cambiar o contrasinal empregado para restrinxir
chamadas de voz, fax e datos, seleccione Opcións > Editar
contras. restric.. Introduza o código actual e logo o novo
código dúas veces. O contrasinal de restrición debe ter catro
díxitos. Para máis información, contacte co seu fornecedor
de servizos.