
Desvío de chamadas
Seleccione
>
Axustes > Axustes e Teléfono >
Desvíos.
A función serve para desviar chamadas entrantes á súa caixa
de correo de voz ou a outro número de teléfono. Para obter
máis información, póñase en contacto co fornecedor de
servizos.
Seleccione o tipo de chamadas que quere desviar e unha das
opcións seguintes:
● Todas chamadas voz, Todas datos e vídeo ou Todas
chamadas fax — Desviar todas as chamadas entrantes de
voz, de datos, de vídeo ou de fax. Non pode responder ás
chamadas, só desvialas a outro número.
● Se está ocupado — Desviar chamadas entrantes se ten
unha chamada activa.
● Se non responde — Desviar chamadas entrantes cando
o dispositivo soa durante un tempo determinado.
Funcións de chamada
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
28

Seleccionar o tempo que debe soar o dispositivo antes de
desviar a chamada.
● Se fóra de cobertura — Desviar chamadas cando o
dispositivo está apagado ou non ten cobertura.
● Se non está dispoñible — Desviar chamadas cando ten
unha chamada activa, cando non responde á chamada ou
cando o dispositivo está apagado ou non ten cobertura.
Para desviar chamadas á caixa do correo de voz, seleccione
un tipo de chamada, unha opción de restrición e Opcións >
Activar > Á caixa de correo de voz.
Para desviar chamadas a outro número de teléfono,
seleccione un tipo de chamada, unha opción de restrición e
Opcións > Activar > A outro número. Introduza o número
ou seleccione Buscar para utilizar o número gardado nos
Contactos.
Para comprobar o estado de desvío actual, desprácese á
opción de desvío e seleccione Opcións > Comprobar
estado.
Para desactivar o desvío de chamadas, desprácese á opción
de desvío e seleccione Opcións > Desactivar.