
Axustes de rede
Seleccione
>
Axustes > Axustes e Teléfono > Rede.
Funcións de chamada
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
29

Para escoller o modo de rede, seleccione Modo de rede e
Modo dual, UMTS, ou GSM. No modo dual o dispositivo
cambia automaticamente dunha rede a outra.
Suxestión: Seleccionando UMTS habilítase a
transferencia de datos máis rápida, pero pode
aumentar o consumo de batería e reducir a súa
duración. En sitios onde teña preto redes GSM e UMTS,
a selección de Modo dual pode provocar o cambio
constante dunha rede á outra, o que tamén aumenta
o consumo da batería.
Para seleccionar o operador, seleccione Selección de
operador e Manual para escoller entre as redes dispoñibles,
ou Automática para facer que o dispositivo seleccione a rede
automaticamente.
Para facer que o dispositivo indique se se está a usar nunha
rede micromóbil (MCN), seleccione Amosar info de célula >
Activada.