
Buscar contactos nunha base de datos
remota
Para activar a busca remota de contactos, seleccione
Opcións > Axustes > Contactos > Servidor busca
remota. Cómpre definir un servidor remoto para poder
efectuar buscas remotas de contactos.
Para buscar contactos nunha base de datos remota,
seleccione Contactos > Opcións > Busca remota.
Introduza o nome do contacto que desexa buscar e seleccione
Buscar. O dispositivo establece unha conexión de datos
cunha base de datos remota.
Para buscar contactos na pantalla de inicio, introduza os
caracteres na pantalla e seleccione a base de datos entre as
coincidencias propostas.
Para cambiar a base de datos remota de contactos, seleccione
Opcións > Axustes > Contactos > Servidor busca
remota. Este axuste afecta á base de datos empregada nas
aplicacións Contactos e Axenda e na pantalla de inicio, pero
non afecta á base de datos empregada para o correo
electrónico.