
Transferir o contido desde outro
dispositivo
Seleccione
>
Axustes > Cambio.
Coa aplicación Cambio, pode transferir contido como
contactos, entre dous dispositivos Nokia compatibles.
O tipo de contido que se pode transferir depende do modelo
do dispositivo dende o que desexe transferir contido. Se o
outro teléfono admite a sincronización, tamén será posible
sincronizar datos entre ese outro teléfono e o seu. O
dispositivo notifícalle se o outro dispositivo non é
compatible.
Se o outro dispositivo non se pode acender sen unha tarxeta
SIM, pode inserir a súa tarxeta SIM nel. Ó acender o dispositivo
sen unha tarxeta SIM, o perfil Desconectado actívase
automaticamente.
O outro teléfono debe ter conectividade Bluetooth.
Transferir contido
Para recuperar datos dende o outro dispositivo por primeira
vez:
1. Active a conectividade Bluetooth en ambos os dous
dispositivos.
2. Seleccione o dispositivo dende o que desexa transferir
contido. O teléfono solicitaralle que insira un código no
teléfono. Insira un código (entre 1 e 16 díxitos) e
seleccione Aceptar. Insira o mesmo código no outro
dispositivo e seleccione Aceptar. Os dispositivos están
agora vinculados.
Nalgúns modelos, a aplicación Cambio envíase ao outro
dispositivo como unha mensaxe. Para instalar a
aplicación Cambio no outro dispositivo, abra a mensaxe
e siga as instrucións.
3. Dende o seu dispositivo, seleccione o contido que desexe
transferir dende o outro dispositivo.
O contido transfírese desde a memoria do outro dispositivo
á posición correspondente no teléfono.
O tempo de transferencia depende da cantidade de datos que
se teñan que transferir. Pode cancelar a transferencia e
continuar máis tarde.
A sincronización é bidireccional e os datos nos dous
dispositivos son os mesmos. Se un elemento se elimina dun
dispositivo, bórrase no outro ao sincronizar; non pode
recuperar os elementos eliminados coa sincronización.
Para ver o rexistro da última transferencia, seleccione un
acceso directo na vista principal e Opcións > Ver rexistro.