Asistente de WLAN
Nota: En Francia, unicamente está autorizado a
empregar as redes WLAN en lugares interiores.
As funcións que utilizan a rede LAN sen fíos aumentan o
consumo de enerxía e reducen a duración da batería.
Seleccione
>
Axustes > Conectivid. > Asist. WLAN.
O asistente WLAN axúdalle a buscar e conectarse a unha LAN
(WLAN) sen fíos. Cando abre a aplicación, o dispositivo
comeza a buscar redes WLAN e amósaas en forma de lista.
Seleccione Opcións e entre as seguintes:
● Actualizar — Actualice a lista de WLAN dispoñibles.
Conectividade
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
88
● Filtrar redes WLAN — Permite filtrar as WLAN na lista de
redes atopadas. As redes seleccionadas filtraranse a
próxima vez que a aplicación busque WLAN.
● Iniciar navegación web — Comezar a navegar na web
usando o punto de acceso da WLAN.
● Continuar navegac. web — Seguir navegando na web
usando a conexión WLAN activa nese momento.
● Desconectar WLAN — Desconectar a conexión activa á
WLAN.
● Detalles — Ver os detalles da WLAN.
Importante: Active sempre un dos métodos de
cifrado dispoñibles para aumentar a seguridade da conexión
LAN sen fíos. A utilización do cifrado reduce o risco de que
accedan de xeito non autorizado aos seus datos.
Para que o asistente WLAN cree automaticamente un punto
de acceso para a WLAN elixida cando vostede seleccione
Iniciar navegación web ou Usar para, seleccione
>
Axustes > Axustes, e Conexión > LAN inalámbrica >
Proba conectiv. Internet > Executar auto.. O punto de
acceso tamén se pode utilizar con outras aplicacións que
requiren unha conexión WLAN.
Se selecciona unha rede WLAN segura, solicitaráselle que
insira os códigos correspondentes. Para conectarse a unha
rede oculta, debe introducir o identificador de configuración
do servizo correcto (SSID).
Para usar a WLAN atopada nunha conexión de chamada da
Internet, seleccione a fileira que amosa o estado, Usar
para, o servizo de chamada da Internet desexado e a WLAN
que quere usar.
Conectividade
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
89