
16. Comandos de voz
Antes de utilizar etiquetas de voz, teña en conta o seguinte.
● As etiquetas de voz non dependen do idioma, senón da
voz do falante.
● Cómpre que pronuncie o nome exactamente igual que
cando efectuou a gravación.
● As etiquetas de voz son sensibles ao ruído de fondo. Grave
etiquetas de voz e emprégueas nun entorno silencioso.
● Os nomes moi curtos non se aceptan. Utilice nomes longos
e evite utilizar nomes similares para números diferentes.
Nota: A utilización de etiquetas de voz pode resultar
difícil en contornos con ruído ou durante unha emerxencia,
polo tanto, non debe confiar unicamente na marcaxe por voz
en todas as circunstancias.
As ordes de voz poden empregarse para facer chamadas de
teléfono, iniciar aplicacións e activar perfís.
O dispositivo crea unha etiqueta de voz para os contactos,
perfís e aplicacións. As ordes de voz non dependen da voz da
persoa que fala; non obstante, o recoñecemento de voz no
dispositivo adáptase á voz do usuario principal para
recoñecer mellor as ordes de voz.
Para empregar unha orde de voz, manteña premida a tecla
de selección dereita e pronuncie claramente a orde. Se o
teléfono non recoñece a orde correctamente, seleccione unha
das coincidencias da lista ou cancele en Abandonar.