
Captura dunha imaxe panorámica
1. Para usar o modo panorama, seleccione Opcións >
Modo panorama.
2. Prema a tecla de captura. En pantalla aparecerá unha vista
previa da imaxe panorámica.
3. Xire lentamente cara á dereita ou esquerda. Non é posible
cambiar a dirección. Se a frecha da pantalla está vermella,
significa que está a xirar rápido de máis.
4. Para deter a captura dunha imaxe panorámica, prema a
tecla de captura.