
Cámara. Tamén pode premer a tecla de
captura para activar a cámara.
O dispositivo admite unha resolución de captura de imaxes
de ata 2592 x 1944 píxeles (5 Megapíxeles). A resolución de
imaxe amosada nesta guía pode ter un aspecto diferente.
Para capturar unha imaxe, use a pantalla como visor e prema
a tecla de captura. O dispositivo garda a imaxe na Galería.
Para ampliar ou reducir antes de capturar unha imaxe, utilice
as teclas de zoom.
A barra de ferramentas dispón de accesos directos a diversos
elementos e axustes antes e despois de capturar imaxes ou
gravar un videoclip. Seleccione entre as seguintes opcións: