Xestión de certificados
Seleccione
>
Axustes > Axustes e Xeral >
Seguridade > Xestión de certificados.
Os certificados dixitais non garanten a seguridade; utilízanse
para verificar a orixe do software.
Na vista principal da xestión dos certificados, pode ver unha
lista dos certificados de autoridade almacenados no seu
dispositivo. Desprácese á dereita para ver unha lista de
certificados persoais, se están dispoñibles.
Os certificados dixitais deben utilizarse para conectarse a
bancos en liña ou a outros sitios ou a servidores remotos para
realizar accións que implican a transferencia de información
confidencial. Tamén se deben empregar para reducir o risco
de ser infectado por virus ou demais software
malintencionado e asegurarse da autenticidade dun
software cando o descargue e instale.
Importante: Aínda que o uso de certificados reduce
considerablemente os riscos relacionados coas conexións
remotas e as instalacións de software, cómpre utilizalos
correctamente para beneficiarse do aumento da seguridade.
A existencia dun certificado non ofrece protección por si
mesmo. O administrador do certificado debe dispoñer de
certificados correctos, auténticos ou fiables para poder
aumentar a seguridade. Os certificados teñen data de
caducidade. Se se amosa "Certificado caducado" ou "O
certificado non é válido", incluso no caso de que o certificado
debera ser válido, comprobe que a hora e a data do
dispositivo son correctas.
Ver os detalles do certificado — Comprobar a
autenticidade
O único xeito de saber se a identidade dun servidor é correcta
é comprobando a sinatura e o período de validez do
certificado do servidor.
Se a identidade do servidor non é auténtica ou se non dispón
do certificado de seguridade correcto no dispositivo, recibirá
unha notificación.
Para comprobar os detalles do certificado, desprácese ata un
certificado e seleccione Opcións > Detalles do
certificado. Compróbase a validez do certificado e é posible
que se visualice unha das seguintes notas:
● Certificado non fiable — Non axustou ningunha
aplicación para usar o certificado.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
76
● Certificado caducado — O período de validez do
certificado finalizou.
● Certificado aínda non válido — O período de validez do
certificado aínda non comezou.
● Certificado corrupto — O certificado non se pode utilizar.
Póñase en contacto co emisor do certificado.
Cambiar os axustes de fiabilidade
Antes de modificar os axustes dos certificados, cómpre
asegurarse de que o propietario do certificado é realmente
fiable e que pertence realmente ao propietario facilitado.
Desprácese a un certificado de autoridade e seleccione
Opcións > Axustes fiabilidade. Dependendo do
certificado, amósase unha lista das aplicacións que poden
usar o certificado seleccionado. Por exemplo:
● Instalación Symbian: Si — O certificado pode certificar a
orixe dunha aplicación nova do sistema operativo
Symbian.
● Internet: Si — O certificado pode certificar servidores.
● Instalación aplics.: Si — O certificado pode certificar a
orixe dunha aplicación Java nova.
Seleccione Opcións > Edit. axustes fiabilidade para
cambiar o valor.