
Axustes de accesorios comúns
Seleccione
>
Axustes > Axustes e Xeral >
Accesorios.
Na maioría dos accesorios pode facer o seguinte:
Para definir que perfil se activa cando conecta un accesorio
ao seu dispositivo, seleccione o accesorio e Perfil
predeterminado.
Para facer que o dispositivo responda ás chamadas
automaticamente despois de 5 segundos cando hai un
accesorio conectado, seleccione Resposta automática >
Activada. Se se axusta o tipo de ton en Un bip ou en
Silencio no perfil seleccionado, deshabilítase a resposta
automática.
Para iluminar o dispositivo mentres está conectado a un
accesorio, seleccione Iluminación > Activada.