
Localización de encontro
O uso dos servizos ou da información de Mapas pode estar
limitado pola licenza adquirida.
Nota: A descarga de contidos como mapas, imaxes
satélite, ficheiros de voz, guías ou información de tráfico
pode implicar a transmisión de grandes cantidades de datos
(servizo de rede).
Case toda a cartografía dixital é imprecisa e está incompleta
ata certo punto. Nunca confíe só na cartografía descargada
para utilizarse neste dispositivo.
Se está a editar unha entrada ou solicitude de encontro, e
desexa engadir información sobre o lugar dende a aplicación
Mapas, desprácese ata o campo de localización e seleccione
Opcións > Engadir situación.
Se engade información de localización a unha entrada ou
solicitude de encontro dende Mapas, poderá ver a posición
no mapa. Abra a entrada ou a solicitude de encontro, e
seleccione Amosar en Mapas.