
Axenda.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
52

Antes de poder crear solicitudes de encontro debe ter unha
caixa do correo compatible configurada no dispositivo.
Para crear unha entrada de encontro:
1. Para crear unha entrada de encontro, seleccione o día e
Opcións > Nova entrada > Solicitude de encontro.
2. Introduza o nome dos participantes requiridos. Para
engadir nomes da lista de contactos, introduza os
primeiros caracteres e seleccione un dos resultados
propostos. Para engadir outros participantes, seleccione
Opcións > Engadir participantes.
3. Introduza o tema.
4. Introduza a hora inicial e final e as datas ou seleccione
Todo o día.
5. Introduza o lugar.
6. Se é necesario, axuste unha alarma para a entrada.
7. Se o encontro se repite con regularidade, axuste a hora
axeitada e introduza a data final.
8. Introduza unha descrición.
Para axustar a prioridade da solicitude de encontro,
seleccione Opcións > Prioridade.
Para enviar a solicitude de encontro, seleccione Opcións >
Enviar.