
Axenda.
Coa axenda, pode crear e ver citas de acontecementos
programados, ademais de cambiar entre as distintas vistas
da axenda.
Na vista de mes, as entradas da axenda aparecen marcadas
cun triángulo. As entradas de aniversario tamén aparecen
marcadas cun signo de admiración. As entradas do día
seleccionado amósanse nunha lista.
Para abrir entradas de axenda, seleccione unha vista e unha
entrada.
Sempre que vexa a icona , desprácese á dereita para
acceder á lista de accións dispoñibles. Para pechar a lista,
desprácese á esquerda.
Crear entradas de axenda
Seleccione
>
Axenda.
Pode crear os seguintes tipos de entradas de axenda:
● As entradas de encontros lémbranlle os acontecementos
que teñen lugar nunha data e hora determinadas.
● As solicitudes de encontro son invitacións que pode enviar
aos participantes. Antes de poder crear solicitudes de
encontro debe ter unha caixa do correo compatible
configurada no dispositivo.
● As entradas de memorando son para acontecementos
relativos ao día sen especificar a hora.
● As entradas de aniversario lémbranlle os aniversarios e as
datas especiais. Refírense a un día determinado pero non
a unha hora concreta do día. As entradas de aniversario
repítense todos os anos.
● As entradas de tarefas lémbranlle unha tarefa que debe
facerse antes dunha data determinada pero non a unha
hora concreta do día.
Para crear unha entrada de axenda, seleccione a data,
Opcións > Nova entrada e o tipo de entrada.
Para axustar a prioridade das entradas de encontro,
seleccione Opcións > Prioridade.
Para definir como tratar a entrada durante a sincronización,
seleccione Privados para ocultar a entrada aos visitantes se
a axenda está dispoñible en liña, Públicos para facer a
entrada visible aos visitantes ou Ningún para non copiar a
entrada no ordenador.
Para enviar a entrada a un dispositivo compatible, seleccione
Opcións > Enviar.
Para solicitar un encontro dunha entrada de encontro,
seleccione Opcións > Engadir participantes.
Crear solicitudes de encontro
Seleccione
>