
Dicionario
Seleccione
>
Organizador > Dicionario.
Para traducir palabras dun idioma a outro, introduza o texto
no campo de busca. Ao introducir o texto, amósanse
suxestións das palabras a traducir. Para traducir unha
palabra, selecciónea da lista. Poida que non se admitan todos
os idiomas.
Seleccione Opcións e escolla entre as seguintes:
● Escoitar — Escoite a palabra seleccionada.
● Historial — Atope palabras traducidas anteriormente á
sesión actual.
● Idiomas — Cambie o idioma de orixe ou de destino,
descargue idiomas de Internet ou elimine un idioma do
dicionario. O idioma inglés non se pode eliminar do
dicionario. Xunto co inglés, pode ter instalados dous
idiomas máis.
● Discurso — Edite os axustes da función de voz. Pode
axustar a velocidade e o volume da voz.